Hoxe comeza o máster en soft libre. E, logo de asentarme en Coruña, xa podo dicir que comeza tamén un novo ano para min. E Comeza forte. Co taller da cósmica sobre comunicación e o proxecto Comunicaciong. Pero principalmente polo traballo que suporá integrarme nunha comunidade de aprendices, de constructores de software. E ó redor desto xurde outro proxecto persoal: no sólo software, outro blog onde terán cabida aqueles post máis técnicos, onde tratarei de mostrar o día a día do traballo no máster. Pero non só iso.
Un ano duro e estimulante á vez. Esto promete.
No sólo software
—
Comments
4 responses to “No sólo software”
-
Celebro que comeces un blog temático (o título resúltame familiar, haha). No entanto, se me permites a cuestión, gustaríame pregurtarche por que o fas en castelán.
Confeso que cando eu decidín pechar o meu antigo blog xeralista en galego para comezar un blog especializado decidín abandoar o galego/portugués e usar unha lingua con moitos mais potenciais lectores. A miña escolla foi o inglés pola razón de que 3/4 do que se publica en ciencia e enxeñería na blogosfera está na lingua de Shakespeare e realmente fai de lingua franca neste eido. -
O certo é que o proxecto que inicio con ese blog (igual que co de comunicaciong) está enfocado a xente hispano-parlante. Por iso o do idioma. Non en inglés porque certamente non o domino demasiado para atreverme a escribir fluidamente os post que desexo poñer.
Así como “o bazar” ten un obxectivo concreto: falar da sociedade rede dende galicia e en galego, os novos dous proxectos teñen un público máis amplio.
O do nome.. non vou negar que me inspirei no teu novo blog mendinho! 😀 E tamén porque sigue tengo (ó igual que “o bazar”) un punto filosófico detrás: eu creo que o software simplemente é a avanzadilla dun movemento maior, extrapolable a outros sectores que traballan con información. Por iso.. falarei de software … pero non só iso.
Si a inspiración para “o bazar” veu de raymond e himanen.. a inspiración do “oandregal” .. veu de mendinho e castells! jaja -
Pois oxalá que haxa sorte e que o pensamento en rede funcione no caso galego (ou hispano). Efectivamente detrás do software hai algo máis que instruccións de cómputo, hai toda unha filosofía de vida, e cada civilización-cultura ten as súas ferramentas e a da nosa ferramenta é o software.
Agora que o dis, non caera en que o nome deste blog estaba inspirado no famoso manifesto de Eric S. Raymond The cathedral and the bazaar. -
[…] novo fito parece prometedor, supoño que consiste nada máis na consolidación da nova etapa que comecei hai uns meses. Coma sempre, tratarei de radiar o que aconteza. ch! | | […]
Leave a Reply