Durante novembro, a Universidade de Vigo, programou unha serie de relatorios moi interesantes ó meu parecer. Titúlanse… Mundialización da economía, da sociedade e da universidade. O programa é o seguinte:
- Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video, crónica do DUVI)
- A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial, Xavier Vence. Xoves 16. (resumo, crítica, vídeo, crónica do DUVI)
- A emigración galega: un antecedente da actual mundialización, por Xosé Neira Vilas. Martes 21.
- Industria e mundialización, por Javier Riera. Xoves 23.
Dende aquí tratarei de facer seguemento ós relatorios na medida do posible. Do primeiro, en breve recibiredes noticias.
Leave a Reply