Meetup WordPress Lugo

Hai uns meses atrás, Carlos liouse a manta á cabeza e propúxose retomar a programación do meetup de WordPress en Lugo, logo dun tempo parada. Lhosca e máis eu decidimos botar unha man e en Xullo presentamos a nova etapa, coa colaboración da maravillosa xente que organiza o meetup (e WordCamp!) WordPress Pontevedra.

Logo dunha pausa polo verán, comezamos o outono coas pilas cargadas. O próximo venres 25 de Outubro, imos a falar de Gutenberg, replicaremos webs co editor de bloques, e veremos cómo estendelo. Temos prazas limitadas, xa podes reservar a túa na web da meetup.


Comentarios

Unha resposta a “Meetup WordPress Lugo”

  1. ¡Benvidos sexan todos e cada un dos movementos que difundan o coñecemento aberto á nosa cidade!. Moita sorte nesta nova etapa.

Deixa una resposta a r0sk10 Cancelar a resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *