Globalización, localización e novos medios

abraço grátisEste ano cúmplense 5 dende que a revista tecnolóxica Código Cero comezara a súa andadura. Para celebrar esta ocasión, na revista impresa número 52 [PDF] invitaron a algúns internautas galegos a que contaran as súas sensacións/experiencias logo destes 5 anos … ou que fixesen un exercicio de prospectiva para os 5 seguintes.
Manuel Gago enumera os 10 sitios webs que cambiaron a súa vida, Eva escribe un artigo sobre internet e o xénero e David Lombardía describe as 5 killer aplications 2002-2007.
Eu –sen ánimo de xogar a futurólogo, exercicio que require persoas renacentistas– escribín un artigo bastante conservador, nada novo pero que convén deixar claro: limítome a describi-los dous eixos que potencian a emerxencia dos novos medios: o global e o local.
Así, a tese principal é que de forma simultánea a emerxencia dos novos medios potencia o eixo global e o local, ampliando os espazos (xeográficos e non xeográficos) de cooperación e competencia. Nada máis, pero tampouco nada menos.
Por suposto, esto ten consecuencias que é necesario explorar, mais non é a miña intención enumeralas de momento, senón deixar clara a idea.
Post relacionados neste blog:


Comments

One response to “Globalización, localización e novos medios”

  1. […] ou redución de plantilla. E aínda que a crise actual empañe todo, temos que recoñecernos que xa o sabíamos: este proceso non é derivado da crise, aínda que ésta o […]

Leave a Reply to Redución de escala e poder « oandre.gal Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *