Coase, os costes de transacción e a emerxencia da empresa-rede

No 1937, o socialista inglés, Ronald H. Coase, publicou un artigo titulado The nature of the firm. Nese artigo, Coase, enumerou por primeira vez os costes de transacción, tratando de explica-la razón da emerxencia das grandes empresas xerárquicas da época industrial.
Según Coase, existen razóns económicas evidentes para que así sucedera. Unha das principais tiña que ver co coste da información. Tapscott e Williams -no experimento de investigación que é Wikinomics– explican esta teoría:

“Producir una barra de pan, fabricar un automóvil o dirigir las urgencias de un hospital requerían pasos donde la cooperación estrecha y el objetivo común resultaban fundamentales para conseguir un producto útil. En la práctica cotidiana, no resultaba práctico descomponer la fabricación y otros procesos industriales en una serie de transacciones negociadas de forma independiente. Cada transacción implicaría unos costes que superarían cualquier ahorro obtenido por presiones competitivas.”

Coase determinou na búsqueda os costes de transacción que posteriormente dividiu en:

  • Costes de búsqueda: localiza-los distintos proveedores e determina-la idoneidade dos bens que ofrecen.
  • Costes de contratación: negocia-lo precio e contrata-las condicións.
  • Costes de coordinación: encaixa-los distintos produtos e procesos.

Con estes mimbres, pódese cita-la lei de Coase como:

“Una empresa tenderá a expandirse hasta que los costes que supone organizar una transacción adicional dentro de la empresa igualen los costes que implica desempeñar esa misma función en el mercado abierto.”

Polo tanto:

“Cuando salga más barato realizar una transacción dentro de la empresa, es recomendable hacerlo así; en cambio, si resulta más económico salir al mercado, no hay que intentar hacerlo de forma interna.”

No seu momento os costes de transacción explicaron a emerxencia das grandes empresas da época industrial (integración vertical). Irónicamente, a día de hoxe, os costes de transacción explican a emerxencia da empresa rede (integración horizontal) e a produción autoorganizada. Porque as leis económicas non cambian pero o entorno no que se aplican sí: Internet provocou tal descenso nos costes de transacción que agora, irónicamente, a lei de Coase pódese ler de forma inversa:

“Las empresas deben replegarse hasta que el coste que supone realizar una transacción de forma interna no supere el coste que implica realizarla de forma externa. Los costes de transacción siguen existiendo, pero ahora suelen ser más onerosos en las empresas que en el mercado”.


Comments

One response to “Coase, os costes de transacción e a emerxencia da empresa-rede”

  1. […] É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *