O #48 da revista Código Cero [PDF 1.37Mb] publica este mes un artigo meu, anteriormente aparecido neste blog. Titúlase Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionismo.
Nel trato de explica-lo contexto que nos rodea. Qué significa a Sociedade Rede e o Informacionismo. A Sociedade da Información e o Coñecemento. Concretando, qué significa que o motor da economía sexan hoxe os intanxibles.
Este artigo é o primeiro dunha serie que me propuxen facer para aclarar conceptos. Ás veces ocorre, que se non o escribes non o tes claro de todo. Os seguintes desta serie tratarán de desgranar de xeito conciso cales son as principais características deste tipo de economía, unha vez aclarado o contexto que nos rodea.
Así, navegando, buscando exemplos claros para citar (son un convencido do aprendizaxe a partir de casos) atopeime cun artigo de Lantania sobre a produtividade das TIC. Explicita algo do que terei que falar sen dúbida: cómo melloran as TIC a produtividade. E velaquí un exemplo claro:
É increíbel o aforro económico que supón a elusión das persoas na xestión de trámites burocráticos.
Coa certificación dixital, un cambio de enderezo fiscal, e unha simple vida laboral supoñen aforros cuantificables de horas de traballo e inxentes cantidade de papel inútil.
Cada minuto de uso de certificado dixital equivale a 3/4 de hora en tempo real realizando a mesma xestión en persoa nas oficinas dunha axencia, incluido o tempo de desprezamento, regreso, etc.
Seguimos buscando e redactando…
Leave a Reply