A madurez da tecnoloxía informática (II)

(ler anterior …)
A ACADEMIA E O MONASTERIO
No eido da produción de software, podemos distinguir dous modelos de desenvolvemento contrapostos: o modelo da academia, onde todo o mundo pode acceder ó código fonte do programa -as instruccións que se executan co mesmo- e así correxilo, mellorarlo, estudialo, etc… obtemos deste xeito de traballar un modelo parecido ó científico, ó académico, o que fai avanzar a física ou a bioloxía. Neste modelo, o desenvolvemento, depuración e mantemento do software faise de maneira distribuida por toda a comunidade. Desta clase considérase o Software Libre ou Free Software.
No lado oposto, referirémonos ó modelo do monasterio. Aquí, a produción de software realízase de maneira centralizada por un axente interesado no mesmo (empresa, administración, asociación, …). En contraposición co modelo da academia, neste outro non se permite o acceso ó código. Calquera mellora, modificación ou corrección de erros débea realizar o axente que a desenvolveu. Así pois, o desenvolvemento, depuración e mantemento do software realízase de xeito centralizado. Desta clase considérase o Software Propietario.
(ler seguinte …)


Comments

5 responses to “A madurez da tecnoloxía informática (II)”

  1. De feito, ese artigo foi o que me deu o nome para o blog 😉 …
    aínda que nel contrapón o modelo Catedral contra o de Bazar, para construir este artigo preferín usar a metáfora de Himanen: Academia versus Monasterio (ver La ética hacker y el espíritu de la era del informacionismo Descargable en http://www.geocities.com/pekkahacker/)
    Creo que ésta última expresa moito mellor que a Raymond o cambio no modelo de produción de ideas (e da ética/estética que as acompaña)

  2. Posteo un enlace o texto en castelán de Eric Raymond no que supoño que te inspiraste para escribires isto:
    http://www.sindominio.net/biblioweb/telematica/catedral.html

Leave a Reply to Fran Cancel reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *