Q, AlGore, internet e a imprenta

Ás veces caemos na tentación de crer que todo existe a partir de nós. E falamos da radicalidade das novas propostas. O software libre e o acceso libre á información como summun da historia universal. O fin da historia. Pero realmente non coñecemos a historia. E estamos moi equivocados.

No século XVI, a revolución luterana levou a un cisma na iglesia católica que finalmente conduciu á súa separación en dúas. As razóns desta separación pódense resumir en “a rei morto rei posto“, “el rey ha muerto! viva el rey!” ou que “hai que cambiar todo para que nada varíe”.

Mais -para min- o realmente interesante dese período convulso son dous feitos: o papel da imprenta nesa revolución e que…

…en estos 30 años, desde 1525 (inicio de la guerra de los campesinos) a 1555 (paz de Augusta entre protestantes y católicos), se experimentaron prácticamente todas los caminos de la transformación social. (ver entrevista completa ós autores da novela).

Deixando de lado esta segunda faceta da historia imos falar hoxe do papel dese instrumento maravilloso: a imprenta. A súa invención algúns anos antes tivo moito que ver neste proceso de cambio da sociedade. Permitiu non só aumentar a tirada de libros copiados (que antes facían os monxes-copistas) e a creación de octavillas, trípticos e información en xeral para ser distribuida con facilidade. Senón que tamén desplazou o centro do poder da información ós copistas con imprenta, editores, etc. Un número heteroxéneo e maior de persoas. Nada que ver coa homoxeneidade da iglesia.

A revolución consistiu en desplazar o centro de poder do control da información. Da iglesia ós editores. Do control centralizado ó descentralizado. Esto provocou certos cambios na sociedade, porque a tecnoloxía non é boa nin mala, pero tampouco neutra.
Pensando no papel da imprenta (e nas súas similitudes co cambio de paradigma da internet actual) estaba cando achei a entrevista de Al Gore (yo fui el próximo presidente de Estados Unidos), e todo me quedou claro. Di Al Gore:

¿Conoce la obra de Jürgen Habermas? Un hombre muy sabio. Sostiene que el foro público se ha transformado. Las bases de la moderna democracia fueron creadas durante la Ilustración y se basan en el dominio de la razón. La Ilustración, en sí misma, es un producto del nuevo sistema de información que nació de la aparición de la imprenta, porque otorgó a cada individuo la capacidad de sumarse a la conversación pública; permitió a la gente utilizar el conocimiento para mediar entre riqueza y poder, rompiendo la estructura feudal que se había construido en torno al monopolio de la información que ostentaba la Iglesia medieval.

Ahora, la meritocracia de las ideas que la Ilustración creó por medio de la palabra impresa ha sido sobrepasada por una nueva revolución. Gutenberg llegó hace 500 años. Hace 50 años llegó la televisión como la fuerza dominante. Esto supuso una regresión a los monasterios medievales, porque la fuente de los mensajes quedó en manos de muy pocos. Ahora, el individuo ya no puede intervenir en la conversación por encima de los medios de comunicación dominantes.

Pero Internet está empezando a desafiar a la televisión, aunque no tiene la capacidad de distribuir instantáneamente y en todas direcciones las imágenes televisadas, esta cualidad casi hipnótica de la televisión, la que le proporciona este atractivo masivo. Internet representa para mí la esperanza de recrear la conversación de la democracia.

<
p style=”text-align: justify;”>Dende esta óptica podedes ler a novela Q, de Luther Blissett. Comprender o fenómeno luterano e o que supuxo a imprenta neses días convulsos axudaranos a entender tamén a situación actual con relación a internet.


Comments

One response to “Q, AlGore, internet e a imprenta”

  1. […] Descubro esta mañán 2 textos de Juan Freire e David de Ugarte maravillosos. Que sintetizan o que provoca o paso do industrialismo ó informacionalismo. Volvemos a ser artesáns, artesáns dixitais. E precisamos dun novo marco para entende-lo mundo, dunhas novas regras. Porque nel aparecen conflitos novos, que non son máis que reprodución de ideas vellas. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

%d