Os ciclos pequenos

¿Qué teñen en común a dieta xaponesa, os métodos de entrenamento de Mouriño e as técnicas áxiles de creación de software?

  • Na dieta española, típicamente, a alimentación planifícase por semana -o luns peixe, o martes pasta, etc. Pola contra, na xaponesa, cómese multitude de elementos de tódolos tipos nunha mesma comida: o ciclo de planificación é diario.
  • Na práctica do fútbol profesional, exercítanse varios aspectos: físicos, técnicos e tácticos ou psicolóxicos. Un entrenamento soe consistir en varios minutos de carreira continua (para entrenar os aspectos físicos),  para logo realizar exercicios técnicos e estratexia (lanzamento de córner ou saídas con balón) e finalmente charlas de preparación psicolóxicas. A metodoloxía da periodización táctica que exercitan Rui Faria e Mouriño levan a cabo un entrenamento integrado, con varios exercicios que potencian tódolos aspectos ó mesmo tempo.
  • Na industria da creación de software, ata hai unha década, os productos concebíanse con ríxidas fases de producción, típicamente “análise > arquitectura > desenvolvemento > test > documentación”. Coa chegada do movemento agile, emerxe a idea de que é posible crear productos con ciclos máis curtos e iterativos onde se realicen tódalas fases simultáneamente.

O que me chama poderosamente a atención é ver como nos 3 casos se potencian os ciclos pequenos de actividade que alimentan os ciclos grandes. E dame por pensar si ése actuar fractalmente marcará diferencia algunha no éxito ou fracaso.


Comments

One response to “Os ciclos pequenos”

  1. […] ha escrito sobre los ciclos del tiempo y me ha hecho pensar de nuevo en lo fractal y en los ciclos pequeños como rueda dentada de los ciclos grandes. Como parece que no hay una fuerza de voluntad dada, sino […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

%d