Mestizaxe en Mofa e Befa

Non hai choque cultural, nin, polo tanto, serve de nada a alianza de civilizacións. Neste blog xa falamos da identidade, da identidade en relación ó territorio, da identidade en relación á cultura e da identidade en relación á globalización.
Pero o espectáculo de Mofa e Befa… é puro relato da identidade como mestizaxe que supera calquer análise que oín nunca! Xa se sabe que na corte do emperador son os bufóns os únicos ós que se lles permite deci-la verdade… e éstes son uns deslenguados.
Aínda estou con lágrimas nos ollos pola risa! E iso que xa vira esta montaxe Sempre ao lonxe, co que pretenden botar lus sobre “a fauna humana e as distintas especies que a compoñen“. Puro teatro perralleiro… simplemente xenial!
Así, e retomando o fío inicial, nas cómicas palabras dos Moinantes nómadas

A patria é ese espasio temporal, ese intermezzo que queda desde que che caghan no mundo ata que te vas de novo para a caixa. Si alghuén quere poñerlle unha bandeira que o fagha… nós preferimos ir en bolas.

Porque para Mofa e Befa non hai patrias, senón vida; non hai culturas, senón individuos, mestizaxe.
Un brevísimo vídeo para recordar e recomendarvos o espectáculo! 😀 (lástima que só nos quedasen 20 seg na cámara)
+ info: web da compañíaCompostela Cultura – críticas 1 e 2

[gv data=”_aLb-HrLatc” width=”425″ height=”350″][/gv]

Si yo tuviera un caserío,
contigo me casaría.
Si yo tuviera un caserío,
contigo me casaría.

Porque tú eres la reina la reina,
de Euskal Herria

Askatasú-asú-asú
Askatasú-asú-asú
Áaskatu
Askatu-askatasú


Comments

5 responses to “Mestizaxe en Mofa e Befa”

  1. Tes máis anaquiños en video?…

  2. Mira no meu YouTube, pero só teño 3 anacos… e o máis longo é o que puxen. Cousas da memo…

  3. Gracias… o da herriko taberna, e a versión de “una lágrima cayo en la arena”, irreproducible en euscaro ;-).

  4. Non me atrevín a reproducir o de una lágrima… demasiado para min!

  5. […] poquito pude asistir a la obra Shakespeare para ignorantes de Mofa y Befa con Kiko Cadaval. Soy fan declarado de este trío. Y la obra estuvo a la altura. Un repaso cómico/burlesco recuperando a […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *

%d