Nos tempos que corren as leis de Moore e Metcalfe quedáronse obsoletas. Aparecen novos termos por doquier e ás veces é complexo manterse ó día no léxico da tecnosfera.
Mais estes días acabo de comprender un deles en todo o seu apoxeo: a Web 2.0. Hai algún tempo que o coñezo, o uso e incluso poño algúns exemplos do que sería a Web 2.0, mais agora compréndoa (si se pode dicir algo tan pretencioso dun termo, claro está).
A Web 2.0 non se refire a un salto cualitativo nas tecnoloxías que subxacen na rede. É algo moito máis profundo, de filosofía, de estilo: proclama unha nova forma de producir, distribuir e consumir contidos para a web. Agora as tres etapas fanse de xeito distribuido, é dicir, entre todos. Non hai centros. Ten que ver máis cos bazares que coas catedrais, que diría Raymond.
Como moi ben dixo PJorge: “A Web 1.0 consúmese, a 2.0 úsase.”
Os exemplos…
» A MÚSICA. Na Web 1.0 baixamos a música de servidores tipo mp3.com (correxido: puxen mp3.com no lugar de Napster, que é un P2P), na 2.0 usamos clientes Peer To Peer tipo e-Mule, bitTorrent nos que ademáis de consumir (descargar pelis, música, …) podemos producir (nós mesmos convertímonos en servidores, distribuimos o que posuímos).
» A INFORMACIÓN. Na Web 1.0 as novas encontrábanse centralizadas en portais de grandes compañías tipo Terra. Na 2.0 usamos distintos canais de información distribuida onde ademáis de consumir info tamén a “creamos”: blogs de confianza para ler (o noso propio para producir); sitios como Barrapunto, Chuza!, Arredemo, …
Así pois, estamos ante un cambio no uso da web e no aproveitamento das súas ferramentas (por exemplo do tan manido RSS), aquelas que potencian a creación de redes sociais.
Agora ben.. ¿está este “novo” paradigma creando novos modelos de sociedade?
O estilo da Web 2.0
—
Comments
5 responses to “O estilo da Web 2.0”
-
parabéns por este post… realmente desfrutei moito lendoo, desfrutei de que exista e desfrutei tamén de que se poida falar de esto aqui e en galego… pero deixemos de zugarnos as pirolas que hai moito que facer…
-
Non o vexo claro. Cando a maoir parte dos españois nin sequera teñen acceso a rede, falar de web 2.0 é case utópico.
É certo que as posibilidades son enormes, pero os feitos poucos. Eu considéremo bastante tecnoadicto, perdo moito tempo vagando por barrapunto, meneame e agora freski, e perdome. Pérdome pola cantidade de conceptos, e porque non teño tempo material de estar o tanto.
Inda queda moito que avanzar no campo dos cms e similar, hai que simplicar moito maís a tecnoloxía. Non todo mundo é capaz de facer doble click co rato. -
Moi benvido, ou cando menos aledome de descobrires o blogue este.
Mmmm… eu coido que isto da Web2, tan de moda agora, non é outra cousa que un proceso lóxico no que a rede volta á súa fase 0 (xa sabes, todo volta…). Logo dunha fase de búsqueda de comercialidades á rede, centrada no comercio electrónico, publicidad, burbullas, contidos xerados dende arriba… chega unha nova etapa. Nesta etapa, a sociedade aprópiase (reaprópiase) da tecnoloxía para poñela ao seu servizo. Os Blogs son un bó exemplo diso, tamén Flickr, Delicious, menéame, podcast etc etc etc.
Se me preguntan que cararallo é isto da Web2 eu non diría outra cousa que a rede volta a onde naceu, á xente que fai as cousas sen afan mercantilista e que mira a rede como un instrumento, non coma un fin en si mesmo.
Deixo o link a un dossier do xornal Diagonal sobre a reapropiación social da tecnoloxía que paga a pena ler… http://democraciadigital.es/article.php3?id_article=36 -
[…] A partir dun comentario ó artigo de O estilo da Web 2.0 refiro aquí as impresións que teño sobre as infraestructuras de acceso á rede. […]
-
[…] A partir dun comentario ó artigo de O estilo da Web 2.0 refiro aquí as impresións que teño sobre as infraestructuras de acceso á rede. […]
Leave a Reply