Notas sobre “Os reis de Fisterra”

1 minute

En Xullo de 2021, ano Xacobeo, pasamos uns días nun apartamento perto da praia Langosteira. Un día nubrado decidimos camiñar até o faro, facendo parte do camiño de Fisterra. Activei o meu reloxo para recoller as estatísticas do roteiro que logo compartiría cos amigos a través dunha aplicación. Durante os 10km de ida e volta falamos moito do camiño. Que é o que leva a unha persoa a facer o camiño, agora e no pasado? É o camiño unha ferramenta de meditación? etc. Todo isto mentres tiramos algunhas fotos e o meu reloxo continuaba a rexistrar os tempos. Achei que a situación era cómica. Tamén unha boa escusa para escribir un conto sobre o uso que facemos das “redes sociais” e como iso afecta os espazos de descanso mental.

O 3 de Agosto, o xornal La Voz de Galicia (90.000 exemplares de tirada diaria, 600.000 lectores) publicou o conto que escribín, dentro do seu concurso de relatos de verán. Tamén o dispoñibilizaron en liña: Os reis de Fisterra.

Captura do xornal La Voz de Galicia, 3 de Agosto, 2021.

Errata:

  • O título da versión en liña é incorrecto, debería dicir “Os reis de Fisterra” e non “Os reis de Fisterre“. (correxido o 6 de Agosto)

Comments

One response to “Notas sobre “Os reis de Fisterra””

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *