Notas sobre “O certame que gañou SARELA”

1 minute

En 2021 anunciouse unha iniciativa para captar fondos europeos: intelixencia artificial ao servizo da lingua galega. Según os organizadores, “a máis ambiciosa que se ten desenvolvido a prol do galego“. Estimaron conseguir 15 millóns cun impacto de 100 persoas traballando ao redor deste proxecto.

En torno a esas datas tamén se publicou o último estudo sociolingüístico da RAG: a escola actúa como factor castelanizador entre as crianzas. Vanse perdendo falantes de galego en cada etapa educativa: en secundaria, 11% das crianzas declaran ser galegofalantes frente a 77% de castelán. O galego non se aprende: máis de 50% declara non ter a capacidade de falalo en público.

Estas dúas noticias foron tamizadas polo facto de cumprírense 40 anos da oficialidade do galego. Estarmos de aniversario incitoume a reflexionar.

Foi neste contexto que escribín un conto que o xornal La Voz de Galicia (90.000 exemplares de tirada diaria, 600.000 lectores) tivo a ben publicar no medio impreso e dispoñibilizar en liña: O certame que gañou SARELA.

Relacionados (outros contos que publiquei o ano pasado):


Comments

2 responses to “Notas sobre “O certame que gañou SARELA””

  1. Encántame! Ademáis é tan neutro no aspecto aleccionador, que cada quen pode sacar as súas conclusións.

    Un moi vivo.

    1. Alégrome que che gustase! Recibín comentarios de algunhas persoas e as reaccións son variadas, si 🙂

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *