Monte Muralla

Desde varios puntos da Arousa é fácil identificar o monte Curota, Xiabre, ou Lobeira. Ao abeiraren a ría son vixiantes e acompañan o noso día a día. Non é o caso do monte Muralla, agochado e anónimo tras a primeira liña orográfica. Se os primeiros ofrecen unha vista focal, este último invita a ollar en 360°.

Altura. 657 metros.

Panorámica. A visibilidade era boa. Calculo que de ~75 quilómetros, pois a ollo nú puidemos identificar o Galiñeiro ao sur — e, con prismáticos, Cabo Silleiro.

É un lugar privilexiado para ver simultáneamente tódalas illas do parque nacional (Cortegada, Sálvora, Ons, Cíes) e a desembocadura do Ulla.

Foi unha sorpresa ver o Pico Sacro e Compostela na subida.

Flora e fauna. Avistamos varios Chascos Europeos (Saxicula Rubicola) coa súa característica bufanda blanca, peito roxo, e cabeza negra. A cima é unha repoboación de piñeiros.

Etimoloxía. Non o puiden confirmar, mais imaxino que deriva dos restos da muralla dun castro existente nos arredores (altamente deteriorado). Ou pode que dos castelos que existen na zona. Tamén chamado “Monte Picudo”.

Curiosidades. Marca o límite de catro concellos: Rianxo, Dodro, Rois, e Lousame — existe un monólito que o indica na subida. Nas súas abas nacen varios regatos e dous ríos curtos, o Beluso e o , que desembocan na ría de Arousa.

Camiño e acceso. A pé a través dun parque eólico. É posíbel chegar até o pico en coche, onde existe unha caseta de vixiancia forestal e antenas de telecomunicacións. O tramo final é unha pista non nivelada con zonas de formigón. Un bo compromiso é aparcar no último tramo de carretera asfaltada, pasando o monólito que marca a divisoria dos catro concellos, e facer o último tramo andando.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *