Mansio Ad Aquae

Este era o lugar onde os diplomáticos, correos, e cidadáns romanos de Aquae Flaviae, actual Chaves, se recuperaban e hixienizaban.

Foi unha das cidades-balneario do imperio, como indica o prefixo Aquae, que levaron outras como Aquae Sulis (Bath, Reino Unido), Aquae Granni (Aquisgrán/Aachen, Alemaña), Aquae Statiellae (Acqui Terme, Italia). Na altura, Chaves recollía o fluxo de viaxeiros da vía XVII que unía Bracara Augusta con Asturica Augusta — así o constata o Itinerario de Antonino, a Lonely Planet da época. Podo imaxinar que os correos romanos escollerían habitualmente esta mansio sobre outras que non tivesen este conxunto termal.

Non se permite o baño nestas piscinas, aínda que a auga continúa a fluír polo complexo, e utilízase para calefactar as instalacións. Nós usamos as termas modernas, situadas a escasos metros deste recinto.

Isaac Moreno Gallo fixo un resumo construtivo das termas que nos axudou a identificar curiosidades, como uns tablóns de madeira que levan ~2000 anos bañados por agua calda.


Comments

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *