A tarde do 23 de Xuño saímos a apañar as herbas para facermos o primeiro cacho propiamente deseñado por nós mesmos. Este é o resultado:

De esquerda a dereita e de arriba abaixo: fento, romeu, figueira, nogueira; fiúncho, sabugueiro, dedaleira, hipérico e malva. Buscamos e non encontramos o codeso e a herba luísa, cousa que compensamos adicionando outras menos comúns pero igualmente odorosas e medicinais.
Lugares: rúa do Carme e Monte Segade.
Leave a Reply