A cultura circula en Boiro

1 minute

A cultura circula. Non reside en cidade algunha. Pertence a un país: Imaxinario, soterrado.
Esta semana asistín en Boiro ó espectáculo Tentacular da Cultura Circula.
A montaxe residía nunha mezcolanza de circo: malabares, acróbatas, mimo; audiovisual: microfundismos de Control Z; monólogos: Quico Cadaval, Carlos Meixide -non sei si chamarlle monólogo á súa “actuación”-; e risas sen parar: Teatro Trévere (o domador da faneca brava e outros varios) e Mofa e Befa (coa montaxe Os Romeros de Hondarribia). Todo elo aderezado por unha banda fabulosa (a Banda Baliza) e outras actuacións musicais: Mónica de Nut. (ver programa completo).
A montaxe é espectacular e non podo máis que falar ben dela: unha idea atrevida e levada a bo porto. Variedade. Diversidade. Identidade por suposto. Cun nexo común (o mar) varios artistas integran unha gran obra, demostrando que é posible facer cousas fóra do star system do espectáculo. Pode que sexa hora de que os artistas volvan a gañarse os cuartos traballando, de xira en xira. Polo que eu vin en Boiro a xente responde e gusta deste tipo de obras.


Comments

2 responses to “A cultura circula en Boiro”

  1. […] A verdade que me defraudou. Cos mimbres que tiña crin que sería moi boa. Non chegou a pasable. Dende logo nada comparado coa caravana da Cultura Circula que pasou por estes lares hai ben pouco. […]

  2. […] asistir a la obra Shakespeare para ignorantes de Mofa y Befa con Kiko Cadaval. Soy fan declarado de este trío. Y la obra estuvo a la altura. Un repaso cómico/burlesco recuperando a Shakespeare para las masas. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *