Taller NNTT, comunicación e ciberpoderes

1 minute

Estes días andamos atando os últimos cabos para a realización do taller de novas tecnoloxías e comunicación, organizado pola Coordinadora galega de ONGD e impartido pola Fundación Chandra (ponentes: Xosé Ramil e Xavier Meilán).

Co seminario pretendemos que a xente das ONGD galegas empecen a manexar con fluidez as ferramentas que internet pón á súa disposición. Capacitar, alfabetización dixital.

O certo é que no “mundo ONGD” se descoñece a potencialidade de internet para creación de axenda pública (recordemos: a primeira tarefa dun activista). Así, hoxe en día, os activistas poden chegar a obter “ciberpoderes” que -na maior parte dos casos- descoñecen. Co seminario non esperamos resolver esto dunha tacada, o que sería irreal… mais sí fomentar a creación dunha rede de xente coñecedora destos temas e dende a que poden xurdir novas iniciativas. Queremos sembrar, non diseñar.

Tratarei de facer no blog actas diarias do ocorrido no seminario… non sexa que se cumpla o refrán… “na casa do ferreiro, cuchara de pao”.

Relacionados neste blog:


Comments

4 responses to “Taller NNTT, comunicación e ciberpoderes”

  1. […] Transcripción do seminario de novas tecnoloxías. Venres 20 de Abril. Sesión matinal. Facultade de dereito da USC. […]

  2. […] Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC. […]

  3. […] Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra. […]

  4. […] A iniciativa do Laboratorio de innovación social é algo que levo tempo seguindo e que consiste nunha serie de talleres por toda España para amosar as posibilidades dos blogs no terceiro sector. Posteriormente, os que o desexen, poden realizar un taller virtual acompañados por ambos tutores. O LIS é moi necesario, espero que todo lles vaia tan ben como se merecen. […]

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *