Para que pregunto?

Uns anos atrás pasamos un verán nas praias da ría de Aldán. Unha tarde, uns parasois máis alá do noso, ouvimos unha conversación pai-crianza sobre o traxe de baño do neno. É algo que ficou no folclore da nosa familia como unha anécdota que recordamos de cando en vez. Acho que a situación, alén de cómica, explora unha pregunta interesante: a que atenden os nosos desexos? cal é o rol das expectativas externas na xestión da nosa propia felicidade? Inspirado pola anécdota, escribín un conto.

O 16 de Xullo de 2021 o xornal El Progreso (15.000 exemplares de tirada diaria, 90.000 lectores) publicouno dentro do seu concurso relatos de verán. Tamén o dispoñibilizaron en liña: Para que pregunto?

Captura do xornal El Progreso, 16 de Xullo, 2021.

Errata:

  • Durante o proceso de publicación fixeron algúns cambios ao meu texto orixinal. Un deles introduce unha gralla que remove o sentido dunha frase. Onde di “- Non levas para hoxe?” debería dicir “– Non levas pa hoxe?“. Sirva esta nota entanto non se corrixe a versión en liña.

Deixar un comentario

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *