Year: 2006

  • Fin de ano distribuido e open source.

    Éste foi un ano intenso de pensar e facer moitas cousas. O 2007 será de rematar parte do empezado. E de crear novos proxectos, sempre dentro da lóxica rede e open-source que agora xa non me abandoa. Como recopilación de fin de ano déixovos aquí un escrito [PDF] que resume certas posicións, un marco a…

  • Sociedades recíprocas e sociedades redistributivas

    Marvin Harris é a principal cabeza do materialismo cultural. Unha vertente antropolóxica que trata de explica-los fenómenos culturais (mitos, tabúes, …) dende unha perspectiva material. En Vacas, cerdos, guerras y brujas, no capítulo titulado El Potlatch, Harris ofrécenos unha distinción entre as sociedades redistributivas e as recíprocas a través da explicación do fenómeno potlatch. Según…

  • Artesanía e informacionalismo: cooperación e competencia

    Descubro esta mañán 2 textos de Juan Freire e David de Ugarte maravillosos. Que sintetizan o que provoca o paso do industrialismo ó informacionalismo. Volvemos a ser artesáns, artesáns dixitais. E precisamos dun novo marco para entende-lo mundo, dunhas novas regras. Porque nel aparecen conflitos novos, que non son máis que reprodución de ideas vellas.…

  • Existe o virtual? e o real?

    A raíz do anterior post, ascárida e goretoxo aféanme en Chuza! que distinga entre os 2 mundos: real e virtual. E con razón: non existe tal separación. Si ben en A virtualidade, a realidade e a socialización propúxenme amosa-los espazos de socialización na rede, neste post tratarei de argumentar que non existe separación dos 2…

  • A virtualidade, a realidade e a socialización

    Logo de que me publicasen o artigo na Código Cero #48 [PDF] tiven que responder a moitas preguntas do estilo… e cómo foi? Para alguén alleo a estes lares pode parecer incrible esa simbiosis real-virtual, mais a simbiosis é a norma, non o aillamento ou separación dos dous mundos paralelos. Así, cando falamos da dualidade…

  • Causalidade e casualidade

    «La casualidad aparece ante nosotros como un mensaje. Lo que ocurre necesariamente, lo esperado, lo que se repite todos los días, es mudo. Sólo la casualidad nos habla. Un acontecimiento es más significativo y privilegiado cuantas más casualidades sean necesarias para producirlo. La casualidad está llena de encantos.» – Milán Kundera, La insoportable levedad del…

  • Relatorios mundialización na UVigo

    Co último post de crítica á charla de Xavier Vence, remato a cobertura dos relatorios: Mundialización da economía, sociedade e universidade realizados en Novembro na UVigo. O do martes pasado suspendeuse ata novo aviso e ó de hoxe non puiden asistir. Así, a cobertura queda nun 50% do prometido. Déixovos como guía o índice das…

  • Crítica ó relatorio de Vence

    Logo dunha semana, expoño aquí a crítica á charla de Xavier Vence: A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial. Xa se pode ler a crónica do DUVI e ve-lo vídeo da charla. Pouco teño que dicir a Vence, xa que comezou cunha clara declaración de intencións: falará das ameazas…

  • Xabier Vence e os retos da política industrial galega

    Seguimos coas crónicas dos relatorios de Mundialización da economía, da sociedade e da universidade, que empezámo-la semana pasada. Ó igual que para a de Carlos Taibo, farei resumo e crítica. Xavier Vence comeza contextualizando do que vai falar. Deixa claro que coa globalización preséntanse oportunidades e ameazas para as economías. El falará das ameazas para…

  • Vida e revolución II: épica e lírica

    De novo a voltas coa vida e a revolución rescato unha das frases, recopilo outra nova e recomendo un par de post de David de Ugarte. Máis que un mashup ou compendio, é unha declaración de intencións: Los hombres temerarios están dispuestos a morir por una causa; los valientes, a vivir por ella. (descoñecido) Que me…

  • Crítica a Taibo. Por un movemento proglobalizador.

    En primeiro termo dicir que a charla de Taibo estivo ben organizada e nas preguntas foi moi cordial: as formas ás veces son o fondo e Taibo presentouse como un señor. Explicou paso por paso as súas ideas e con numerosos e gratificantes exemplos (os “cotilleos” do movemento). Con ánimo de facerse entender. Pero carecía…

  • Resumo do relatorio de Carlos Taibo

    A serie Mundialización da economía, sociedade e universidade comezou con Carlos Taibo. Francamente fiquei decepcionado polo seu relatorio, mais empezarei polo principio: expoñendo as súas teses. Logo, farei a miña crítica. Xa se pode ve-lo vídeo da charla a través da plataforma UVigo TV. Tamén le-las crónicas do DUVI: presentación das xornadas e crónica da…

  • Mundialización da economía, da sociedade e da universidade

    Durante novembro, a Universidade de Vigo, programou unha serie de relatorios moi interesantes ó meu parecer. Titúlanse… Mundialización da economía, da sociedade e da universidade. O programa é o seguinte: Movementos antiglobalización, por Carlos Taibo. Martes 14. (resumo, crítica, video, crónica do DUVI) A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política…

  • Vídeos das xornadas de enerxía

    A universidade de Vigo posúe unha plataforma innovadora: Uvigo TV, un servizo de televisión por internet -como eles mesmos declaran- o que alomenos serve como unha mediateca de casi tódalas conferencias, relatorios, etc feitos na universidade. Tivémo-la oportunidade de que grabasen as III xornadas de enerxía e desenvolvemento que realizamos días atrás (ver crónicas do…

  • A produtividade das TIC

    O #48 da revista Código Cero [PDF 1.37Mb] publica este mes un artigo meu, anteriormente aparecido neste blog. Titúlase Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionismo. Nel trato de explica-lo contexto que nos rodea. Qué significa a Sociedade Rede e o Informacionismo. A Sociedade da Información e o Coñecemento. Concretando, qué significa que o motor da…

  • III xornadas: crónica do 2o día

    Como xa dixen, o 2o día era o día práctico, dos proxectos. E tamén o de Jean Teum Visscher, a estrela das xornadas sen dúbida. A súa ponencia fora retrasada un día por mor dos retrasos nos avións. E quizáis foi mellor así, empezar ás 9 da mañán con el, xa que nos fixo desmorriñarnos…

  • III xornadas: crónica do 1o día

    O primeiro día das III xornadas de enerxía e desenvolvemento foi intenso e sucederon os primeiros imprevistos. Jan Visscher non chegaría a tempo para a súa charla: estaba retido en París polas novas normas da aviación que impiden levar líquidos a bordo. ¿Qué facer? Plan B. Alternativa. Enric Velo pasa a presentar a súa charla…

  • Enerxía e Desenvolvemento

    Mañán comezan celébranse en Vigo as III xornadas nacionais de enerxía e desenvolvemento. As dúas primeiras (I xornadas – II xornadas) tiveron lugar en Cataluña e foron organizadas pola asociación catalana Enginyeria Sense Fronteres. Desta, a asociación galega Enxeñería Sen Fronteiras tomou a iniciativa. Para nós, a pesar de que xa temos experiencia na organización…

  • A vida política galega

    A través de Chuza, acabo de descubri-la páxina orzamentaria da Xunta de Galicia. Máis alá da pura discusión dos orzamentos 2007 quixera salientar a propia iniciativa de mostralos de forma pública e entendibles. Con afán de desexar que se entendan, non polo mero feito de mostralos e punto. Este cambio de actitude é o que se…

  • O materialismo cultural na identificación de proxectos de cooperación

    ¿Qué ten que ver Marvin Harris cos proxectos de cooperación? Logo da magnífica charla de Paco Raigón teño que dicir que moito. Mais non só cos de cooperación. Ser un pouco antropólogos axuda a comprende-la realidade. Perlas como ésta quedan aínda na miña mente… La agricultura es una de las herramientas culturales desarrolladas por el…

  • Problemas y martillos

    «Quien solamente tiene un martillo, todos los problemas los resuelve con un clavo.» – Dirk Jung Relacionadas: Conversas e homes renacentistas, Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo.

  • Ciberpunk: a literatura do século XXI

    Creo na literatura, nas historias. E hai certo tipo de literatura que explica mellor que outra certas situacións. Xa falamos disto un tempo atrás en Novela negra, guerra fría e comprensión da realidade. Aínda que non o dixera explícitamente nese momento, parecía evidente que a novela negra fáiseme o xénero por antonomasia dos anos convulsos,…

  • A mitopoiesis como acción política

    «Generalmente, el mito es la verdad rumorosa de los jodidos, los vencedores tienen la televisión en cadena nacional ( … ) La leyenda de la peregrinación a la búsqueda de Aztlán, Wyatt Earp en el OK Corral, los poemas de Byron y Espronceda, las aventuras de Sandokan y los Tigres de Malasia, el día en…

  • Ciencia posmoderna

    «Aquellos que asumen las hipótesis como primeros principios de sus elucubraciones puede que efectivamente formen un ingenioso relato, pero un relato seguirá siendo un relato.» – Roger Cotes, prefacio a Principia Mathematica de sir Isaac Newton Relacionadas neste blog: Científicos e aproximación á realidade, Plutón: a realidade, a ciencia e o relato.

  • Recopilando: activismo open source

    Éste vai ser un post de posts. Unha recopilación para entender qué me falta, qué debo aínda explicar e coñecer. Espero vos sexa de axuda para contextualizarme. A andadura deste bazar comezou cunha declaración de intencións ambiciosa: falar do que nos rodea dende unha perpectiva open source e coa lóxica do mundo rede. Nestas condicións,…

  • Identidade e globalización: a neofeudalización

    Nichos de mercado, comunidades virtuais, tribus urbanas, … todos son palabras que condensan (en diferentes linguaxes) o que todos xa sabemos e que reflexa moi ben este dito: En teoría todas las personas somos iguales. En la práctica todas somos distintas. Cada un de nós ten unhas motivacións e necesidades singulares, individuais: ésas que nos…

  • De novo na casa

    Xa estou aquí de novo. Logo duns días desconectado, aquí estou. A ponte en Málaga foi do máis intensa. Aínda que acudía con esperanzas, éstas víronse desbordadas. Non hai nada como traballar con persoas apaixoadas polo que fan.

  • Activista da abrazoterapia

    Vía De Ugarte atopo o seguinte video. O poder dos abrazos seguirá sempre connosco 😉[gv data=”vr3x_RRJdd4″ width=”425″ height=”350″][/gv]

  • Webs de eventos e publicidade open source

      Estes días celebrouse o congreso de Fundamentos Web 2006, organizado polo W3C (oficina española) e a Fundación CTIC. Máis que comenta-lo congreso (algo que xa fixo moito e mellor a blogosfera) quero falar da web do evento e a publicidade do mesmo. Dos elementos que a compoñen e cómo se fomentan os puntos de…

  • Galeano firma o Estarivel

    Actualización 06Oct: a portada do Estarivel asinada por Galeano. Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade. Albert Einstein A verdade é que tivemos sorte. A presenza de Eduardo Galeano estes días en Compostela veunos de perlas. Unha vez o supemos tivémolo claro: había que intentar conseguir…

  • Científicos e aproximación á realidade

    «Pensé que les gustaría ver el calzado que llevan los ángeles. Sólo por curiosidad. No intento demostrar nada, dicho sea de paso. Soy científico, y sé lo que es una prueba. Pero el motivo por el que me hago llamar por mi nombre de infancia es para recordarme que un científico tiene que ser como…

  • Mestizaxe, ciencia e antropoloxía cultural

    Estes días ando relendo por enésima vez un libro de Marvin Harris. Vacas, cerdos, guerras y brujas: los enigmas de la cultura. Agora -canto tempo despois- doume conta da impronta que deixou en min o profesor de filosofía de bachiller. O libro é unha aproximación á antropoloxía dende o análise das causas materiais dos pobos…

  • Blogs e axenda pública

    Estes días andamos facendo avaliación da experiencia dos blogs. E ás veces toca defender por qué pode ser unha ferramenta moi potente para a asociación e debemos avanzar no seu uso. O primeiro impulso é tratar de explicalo por reaccción: xa que non temos unha televisión, xa que non temos un periódico, xa que non…

  • Globalización: 3 apuntes e 1 conclusión

    APUNTE #1 JOSEPH STIGLITZ Levántome este domingo con café e sen presa descubro o artigo de Stiglitz: Para que la globalización funcione. E penso, condenso a idea de que a globalización –entendida como o proceso de mundialización dos asuntos que nos afectan: a aldea global– deriva da movilidade das persoas e o capital, así como…

  • O Estarivel xa está no forno

    Co mes setembro, volven tódalas outras actividades que teñas, si é que algunha vez puideches descansar delas. Traballo, estudios ou calquera outra cousa que fagas. O mesmo ocorre con ESF, e non creades que en menor medida… Este ano retomamos o Estarivel como publicación universitaria. É unha magoa que só apareza nos campus de Lugo…

  • Blogs e cooperantes galegos

    Hai xa medio ano que en ESF Galicia empezamos a experimentar cos blogs como ferramenta de comunicación da asociación. Nunha primeira etapa propuxémonos probalos como medio de encontro cos nosos expatriados no Sur: Víctor e Alberto no Salvador e Sergio en Nicaragua (agora tamén Isa). Saber do seu día a día. Como diarios de un…

  • Crónica do concerto de Marlango

    Hai tempo alguén me dixo… gran concierto, se nota en las notas que dejamos despues de uno… Hoxe penso algo dese estilo, logo de oir onte a Marlango no Centro Social Caixanova. Había moita xente. O aforo completo. Por suposto, non vou resumir o sentir xeral, pois apenas podo comprende-lo meu ata que repouse. Hoxe…

  • O que con lume xoga, logo se queima

    En Chuza!: O PP deu instruccións aos seus Concellos para ralentizar o proceso de contratación das brigadas contraincendios. O informe en Galicia diario e na Ser. Cazurros! Precisamos dunha dereira galega responsable xa!

  • Chúzate e o minifundismo do blogomillo

    Logo do debate da endogamia alén do telón de grelos seguimos a sembrar na nosa propia leira. A chuzarnos a nós mesmos, mais coa retranca galega que desprende o galego de ben.Chúzate pois! Benvido á comunidade!

  • Identidade e cultura, multiculturalismo e mestizaxe

    La alternativa al multiculturalismo es el mestizaje que coloca la diversidad en el individuo y no en las comunidades y cambia por tanto el signo de pertenencia. Mientras el espacio multicultural es un espacio social definido por varias comunidades internamente homogéneas a las cuales pertenece con exclusividad el individuo, en el mestizaje la diversidad está…

  • Marlango en Vigo

    Este mércores día 13 de Setembro, Marlango actúa en Vigo, no Centro Social Caixanova. Nós xa temos as entradas e estamos a prepararnos para asistir ó concerto actualizados. No You Tube hai moito material e interesantes entrevistas coa súa cantante: Leonor Watling. Hai menos material de Alejandro Pelayo e Óscar Ybarra.

  • Jazz e lei seca: adaptación e cambio

    Nos anos da prohibición, da lei seca, nos EUA non estaba permitido consumir nin, por suposto, vender alcohol. Os  negocios negros e os night-club clandestinos floreceron por doquier: non tanto polo instinto da xente de ir contra as normas (idea común), senón porque eran os únicos lugares onde se podía beber: as licorerías estaban cerradas.…